Menu Close

3 galeg@s nas Concentracións de Tecnificación da RFEVB

Onte luns deuse a coñecer de forma oficial a lista de xogadores e xogadoras convocados para as Concentracións de Tecnificación de Voleibol da RFEVB. Ditas concentracións, masculina e feminina, comezarán o 26 de xullo en Guadalajara e contarán con tres xogador@s galegos que se adestrarán ata o 9 de agosto.

O xogador Lucas Wünschmann, unha das promesas da canteira do Aldebarán San Sadurniño, viaxará xunto a dous loitadores do Arenal Emevé, Candela López e o receptor Miguel Paradela, ambos con experiencia contrastada nas categorías inferiores da Selección Española de Voleibol.

O volei galego segue a sumar presenza no máis alto do voleibol nacional, tendo en conta que actualmente Mario Dovale está a preparar cos Red Lynxes o Campionato de Europa 2021 ás ordes do novo seleccionador masculino Ricardo Maldonado.

Dende a FGVb queremos felicitar a xogadores, familiares e clubs por estes éxitos e animarlles a que sigan traballando para seguir sumando novas convocatorias e demostrar así a valía do noso voleibol.