Menu Close

5 xogadores do Volei Galego nas convocatorias SUB 17 e SUB 18 da RFEVB.

O  Volei  Galego  terá 5  xogadores  nas  concentracións das  seleccións Sub 17 feminina e Sub 18 masculina que prepararán  dende este  mércores os Torneos  Wevza,  probas clasificatorias para os Campionatos de Europa Sub 17  feminino e Sub 18 masculino que se celebrarán en Portugal e Palencia respectivamente.

Para o campionato  Wezva   feminino Sub 17, celebrado  do 7 ao 11 de  xaneiro  de 2020 en Viana do Castelo, a  xogadora  do CV Arenal  Emeve Candela López Méndez  adestrará  do 4  ao 9 de  decembro en Soria  co fin de preparar a  proba  co resto das integrantes da selección española.

Catro  xogadores  galegos estarán  na concentración Sub 18 masculina, adestrando para o torneo que se celebrará en Palencia  do 4  ao 8 de  xaneiro  do  vindeiro ano. O equipo preparará o torneo disputando amigables contra a selección portuguesa  do 4  ao 8 de  decembro.

Roi Losada de CV Calasancias,  Anier Mariño de CV  Korbis e Jaime  Arjones e Martín Casais  do  Rotogal Boiro Voleibol estarán concentrados  cos  seus  compañeiros  ás  ordes  do seleccionador Alberto  Toribio  dende este  mércores  na  mesma  cidade palentina.