Menu Close

6 de xuño, reunión do Volei Galego

Seguindo as recomendacións recibidas dende o CSD, RFEVB e Secretaría Xeral para o Deporte ante a situación e evolución do coronavirus (COVID-19) e co fin de garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas e afeccionados, a Federación Galega de Voleibol adoptou nun primer momento a suspensión por tempo indefinido de actividades e competicións relacionadas co noso deporte na nosa CCAA.

Despois de traballar nas diferentes vías de actuación de cara á nova normalidade ao comezar o proceso de desescalada, a FGVB celebrará este sábado 6 de xuño unha reunión con todos os clubes do Volei Galego co fin de estipular o remate das competicións de voleibol e volei praia da temporada 2019-2020.

Esta xuntanza telemática, que comezará as 11:00, servirá tamén para asentar as bases das vindeiras competicións da temporada 2020-2021 .

Recordamos aos clubs que para calquer duda en relación á plataforma telemática poden dirixirse a correo@fgvb.es