Menu Close

A FGVb convoca aos clubes do Volei Galego a unha reunión telemática este sábado ás 11.

Os clubes do Volei Galego teñen unha cita este sábado día 29 para celebrar unha reunión co fin de valorar a situación do noso deporte en Galicia en relación á crise sanitaria do COVID-19 e o posible inicio da nova temporada deportiva.

As últimas reunións mantidas polo CSD, COE e o Ministerio de Cultura e Deporte, xunto ás diferentes federacións deportivas españolas, están a buscar un consenso de cara aos inicios das temporadas deportivas dun xeito seguro, cun protocolo que permita garantías na volta aos adestramentos e competicións.

Ante a incertidume que están a vivir as organizacións, xogadores e técnicos, o Presidente da FGVb D. Jose Á. Luna Bargo convocou a tódolos clubes ás 11 da mañan deste sábado a través de videoconferencia para informar sobre ditas reunións, que definen a situación actual na que se atopa o deporte, e escoitar tamén as opinións das diferentes entidades que compoñen o panorama do noso voleibol.

Recordamos aos clubs que para calquer duda en relación á plataforma telemática poden dirixirse a correo@fgvb.es