Menu Close

A FGVb convoca un novo Curso de Adestrador N1

Facilitando o acceso á formación técnica de persoas relacionadas co voleibol, formando técnic@s con futuro e progresión ao divulgar coñecementos técnicos e tácticos necesarios para el@s, convócase un novo curso de Nivel I grazas á Escola Galega de Adestradores. Adaptándose á situación actual, o formato deste curso será integramente online a través da plataforma telemática Zoom, recibindo o material por correo electrónico tod@s aquel@s inscritos previamente.

As datas serán as seguintes, sempre con horario de 10 a 14 y de 16 a 20 :

  • Fin de semana do 5 e 6 de setembro.
  • Fin de semana do 12 e 13 de setembro

Asignaturas específicas do curso:

  • Técnica.
  • Táctica.
  • Preparación física.
  • Dirección de equipo.
  • Planificación.
  • Reglamento.
  • Muller e deporte.
  • Metodoloxía do aprendizaxe en voleibol.
  • Minivolei.

Asignaturas complementarias:

  • Hixiene e primeiros auxilios.
  • Psicología e psicopedagoxía.
  • Organización e lexislación deportiva.

O precio do curso serán 125€, que se deberán ingresar no número de conta ES71 0081 0499 6400 0137 8440
( Banco de Sabadell, S.A ) e para formalizar a inscrición será de obrigado cumprimento adxuntar o modelo G13-II , enviandoo xunto ao xustificante de pago a adestradores@fgvb.es antes do próximo venres 4 de setembro.