Menu Close

A FGVb convoca un novo curso de adestrador NII

Unha vez realizado este pasado setembro o curso de N I, dende a Escola Galega de Adestradores proponse a realización do curso de adestradores N II para poder continuar coa formación dos xóvenes adestradores galegos. A actividade estará dividida en 6 domingos de traballo , co fin de permitir a asistencia as competicións dos diferentes adestradores inscritos.

Podrán acceder ó curso:

  • Todas as persoas que posuan a titulación definitiva de Adestrador NI.
  • Todos aqueles xogadores/as que participaran en 10 partidos internacionais na categoría absoluta.
  • Todas aquelas persoas graduadas/licenciadas en Educación Física con un curso de Voleibol.
  • Todas aquelas persoas que durante cinco anos participaran con licencia na categoría absoluta e nas ligas nacionais.

A titulación definitiva outorgarase despois de realizar unha temporada de prácticas adestrando un equipo federado e rexistrado na Federación Galega de Voleibol.

O curso, que terá unha parte presencial de 40 horas, terá a súa sede en función da localización dos alumnos, buscando o máis preto da maioría dos inscritos. Recordar que, para que sexa posible a súa celebración, será preciso un mínimo de 10 alumnos.

As datas nas que se celebrará o curso, sendo sempre domingos de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. (xornada de 8 horas diarias) serán as seguintes:

  • 04 de outubro
  • 11 de outubro
  • 18 de outubro
  • 25 de outubro
  • 08 de novembro
  • 15 de novembro

O plan docente recolle as seguintes asignaturas:

  • TÉCNICA, TÁCTICA INDIVIDUAL – 16 horas.
  • REGRAS DE XOGO – 6 horas.
  • TÁCTICA COLECTIVA – 12 horas.
  • DIRECCIÓN DE EQUIPO- 6 horas.
  • METODOLOXÍA DO ADESTRAMENTO – DIDÁCTICA – 4 horas
  • PREPARACIÓN FÍSICA – 8 horas.
  • PLANIFICACIÓN – 4 horas.
  • MINIVOLEI – 4 horas.
  • MEDICINA DEPORTIVA -4 horas
  • BIOMECÁNICA APLICADA – 4 horas.
  • PSICOLOXÍA – 8 horas.

O precio do curso será 250€, que se deberán ingresar no número de conta ES71 0081 0499 6400 0137 8440
( Banco de Sabadell, S.A ) e para formalizar a inscrición será de obrigado cumprimento adxuntar o modelo G13 – I para solicitar a organización do curso ou ben o modelo G13-II para participar como alumno, enviandoo xunto ao xustificante de pago a adestradores@fgvb.es antes do próximo venres 2 de outubro.