Menu Close

A FGVb lanza a súa oferta lectiva para a temporada 2019-2020.


A Federación galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros, convoca a oferta lectiva para a temporada 2019-2020. Os cursos convocados, pendentes de confirmar sede aínda, son os seguintes:

  • Cursos de Anotador (Acta electrónica e acta manual)
    • 1 de novembro
    • 6 de decembro
    • 4 de xaneiro
  • Cursos de Xuíz de liña
    • 1 de novembro
    • 6 de decembro
    • 4 de xaneiro
  • Curso de Árbitro Territorial B (presencial mais a distancia)
    • Días 1 de novembro e 6 de decembro
  • Curso de Territorial A (presencial mais a distancia)
    • Días 1 de novembro, 6 de decembro e 4 de xaneiro
  • Curso de Anotador de volei praia:
    • 15 de maio
  • Curso de árbitro Territorial B de volei praia
    • 15 e 16 de maio
  • Curso de árbitro Territorial A de Volei praia
    • 15, 16 e 17 de maio

Os interesados terán que enviar o modelo G13-II a conta de arbitros@fgvb.es , como prazo tope 4 días antes do inicio do curso. O pago de taxas do mesmo será aboado, como moi tarde, o día antes do inicio do curso. As sedes publicaranse unha vez se resolvan as solicitudes ou onde por motivos organizativos se beneficie a maior número de participantes.

Prezos e duración dos cursos para a temporada 2019-2020