Menu Close

A FGVb traballa de cara á “nova normalidade”

Ao longo destas semanas a FGVb está a celebrar reunións con diferentes organismos para estudar as posibles vías de desenvolvemento na crise do COVID-19.

Co obxetivo de protexer aos deportistas e asegurar unha práctica deportiva de calidade e segura na “nova normalidade”, a posta en acción de novos protocolos será indispensable para retomar tanto a práctica libre coma os adestramentos e as competicións en calquer deporte.

A última destas reunións, celebrada este martes ca Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e representantes das Federacións galegas de deportes colectivos, foi a continuación dun proxecto por parte da Secretaría Xeral para o Deporte co fin de coordinar e axudar na elaboración de protocolos nas Federacións, onde se busca identificar todas as posibles situacións de risco, compartindo información e traballando de forma colaborativa entre as Federacións Galegas.

Esta ferramenta, que axudará á reactivación do deporte galego, será o tema principal das reunións semanais que se realizarán por grupos de federacións segundo as similitudes da súa práctica deportiva e con cada federación en particular, implicando posteriormente aos clubes para o seu correcto funcionamento.