Menu Close

A FGVb volve a ter presenza nas convocatorias da RFEVB

Ao longo desta semana a RFEVB fixo públicas as convocatorias das seleccións Sub-16, Sub -17 e Sub-19. O Volei Galego estará presente en todas elas, mostrando unha vez máis o bo facer de xogadores, técnicos e clubs da nosa comunidade.

En primeiro lugar, a xogadora do Arenal Emevé Candela López Méndez concentrarase en Palencia do 26 de decembro de 2019 ao 3 de xaneiro de 2020 en Viana do Castelo onde, despois de saberse a convocatoria oficial, podería disputar o Torneo WEVZA clasificatorio do Campionato de Europa sub 17 feminino, celebrado do 7 ao 11 de xaneiro do 2020. Neste torneo, España enfrontarase aos seus rivais de grupo Holanda e Portugal para avanzar e conseguir a vitoria ante as outras seleccións participantes (Bélxica, Francia, Alemaña e Italia).

No caso da selección masculina Sub 18 os xogadores Carlos García Ordóñez, Jaime Arjones e Martín Casais do Rotogal Boiro Voleibol, xunto co colocador do CV Calasancias Roi Losada Gordaliza, concentraranse tamén desde o xoves 26 de decembro en Palencia. Co obxectivo de preparar o Torneo WEVZA clasificatorio para o Campionato de Europa sub 18 masculino, enfrontaranse a Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña e Portugal do 4 ao 8 de xaneiro do 2020.

Por último destacar a Carolina Camiño Fernández, receptora do Arenal Emevé convocada para a concentración de pre-selección Sub 19 en Zuqueca de Henares (Madrid). Con datas do 2 ao 7 de xaneiro, e xunto con outras 13 compañeiras, exercitarase ás ordes do seleccionador Guillermo Orduna.