Menu Close

A RFEVB e os clubs dan por finalizada a Superliga e Liga Iberdrola

A situación actual co COVID-19 , de carácter cambiante ao evolucionar co paso dos días, obrigou a poñer fin ás competicións estatais de voleibol . Esta disposición, xa prevista como posible escenario nun primeiro comunicado da Federación Española de Voleibol, fíxose efectiva onte 16 de marzo de 2020 a través da Comisión Executiva Permanente da RFEVB.

A partir de onte os clubs, corpos técnicos e xogadores implicados e que ata o de agora se achaban en estado de incerteza, poden resolver o seu futuro inmediato e comezar a preparar o seu posicionamento a medio-longo prazo para cando se retomen as competicións nacionais.

A medida, tomada de maneira consensuada entre a RFEVB e os 24 clubs que conforman ditas competicións, plasmouse nun comunicado que se fixo público onte desde a federación, e que pon fin ás competicións de Superliga (masculina) e Liga Iberdrola (feminina).

Esta decisión pospón tamén “a definición de cuestións técnicas e colaterais que poidan xurdir como consecuencia da mesma (ascensos, descensos, clasificación, outros efectos posibles, etc) para que sexan resoltas polo órgano competente da RFEVB no momento adecuado”

Para ampliar a información pode consultar a seguinte ligazón.