O máximo órgano plenario do voleibol galego reúnese o domingo 22 de setembro en Santiago, nunha Asemblea Xeral que servirá para poñer as bases do noso deporte en Galicia para as próximas temporadas. O encontro do voleibol galego comezará as 9:30 en primeira convocatoria e as 10:00 en segunda no Hotel Tryp Santiago, sito na Rúa do Restollal.
Orde do día da Asemblea Ordinaria
- Informe do Presidente da Federación Galega de Voleibol.
- Peche do exercicio 2018.
- Programas de actuación da FGVb.
- Normas de competición para a temporada 2019-2020.
- Asuntos varios.
- Rogos e preguntas.
Están invitados a participar todas aquelas persoas que o desexen aínda que non sexan membros da Asemblea, para elo deberán enviar cuberto o Boletín de Inscripción para Invitados a correo@fgvb.es antes do venres 20 de setembro as 14:00 horas.