Menu Close

Aberto o prazo de inscrición para as probas do Campionato Galego alevín e benxamín de Ourense

Ábrese o prazo de inscripción para as primeiras xornadas alevín e benxamín, ambas puntuables para os campionatos galegos de cada categoría, Campionato Galego Benxamín e de nova creación.

Estas xornadas, organizadas polo CV Ourense e o CV San Martiño, celebraranse en Ourense o vindeiro día 18 no PM Os Remedios e no PM O Ponpeo. Conxuntamente tamén se celebrará o Campionato Provincial Prebenxamin de Ourense.

Para a inscripción de equipos cumpre recordar:

-Na categoría Alevin o G2 debe estar composto por un máximo de 7 e un mínimo de 4 xogadores, todos eles con licenza polo club.

-Na categoría Benxamín o G2 debe estar composto por un máximo de 5 e un mínimo de 3 xogadores, todos eles tamén con licenza polo club.

Para consultar toda a normativa da proba pódese facer click no seguinte enlace.

Deixamos tamén as normas específicas para categoría alevín e benxamín.

Para as próximas xornadas (aínda pendentes de adxudicación para a organización por provincias)  están designadas as seguintes datas:

  • 15-16/02/2020
  • 14-15/03/2020
  • 25-26/04/2020

No caso de estar interesados, instamos a poñerse en contacto co departamento de Competicións da FGVb (competicions@fgvb.es) para adxudicar as prazas por orden de entrada das solicitudes.