Menu Close

Aberto o prazo de inscrición para o curso de adestradores N II da FGVb.

A Escola Galega de Adestradores convoca un novo curso para a formación de futuros adestradores a través da divulgación de coñecementos técnico tácticos

Dende a Escola Galega de Adestradores proponse a realización do curso de adestradores N II para poder continuar coa formación dos xóvenes adestradores galegos. Como obxectivos do curso establécense, entre outros, a divulgación de coñecementos técnicos e tácticos necesarios para a formación de futuros adestradores.

Este curso impartirase cunha duración mínima de 76 horas en 6 domingos de traballo , co fin de permitir a asistencia as competicións dos diferentes adestradores inscritos. O lugar onde se impartirá o curso dependerá do alumnado, buscando o mais preto da maioría dos inscritos.

HORARIOS:

Domingos de 09:00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. (9 horas)

DATAS

  • 09 de Febreiro
  • 23 de Febreiro
  • 22 de Marzo
  • 19 de Abril
  • 03 de Maio
  • 07 de Xuño

Pode acceder ao dossier informativo completo do curso facendo click no seguinte enlace.

Recordamos que no apartado de descargas desta páxina  están disponibles os formularios G13-I (Solicitude de organización de curso de árbitro ou adestrador) e G13-II  (Inscripción curso de árbitro ou adestrador) que son de obrigado cumprimento para ditas solicitudes.