Menu Close

Aberto o prazo para as primeiras Xornadas de Supervisión e Control

Dende esta semana está aberto o prazo de inscrición para participar nas 1º Xornadas de Supervisión e Control da Federación Galega de Voleibol da temporada 2019 – 2020. Ditas xornadas, que se celebrarán o 1 de novembro do 2019, están destinadas a todos os rapaces e rapazas de categorías infantil e cadete, tanto na categoría masculina como na feminina. 

A Xornada terá a súa sede na localidade Luguesa de Quiroga, no Pavillón Municipal, cos seguintes horarios de presentación no pavillón e de recollida: 

  • Infantís Feminino: chegada ás 9:00 horas e saída ás 17:00 horas
  • Cadetes Femininos: chegada ás 10:30 horas e saída ás 18:30 horas
  • Infantís e cadetes Masculinos: Chegada 12:00 e saída as 19:30

Para poder participar, é preciso enviar un correo a adestradores@fgvb.es coa seguinte información:       

Ademais de levar roupa axeitada para a actividade e útiles de aseo persoal, os asistentes deberán levar copia do DNI e da tarxeta sanitaria.

No caso dos adestradores que queiran formar parte poden facelo dentro do programa de Tecnificación da FGVb. Para participar só hai que enviar un correo a adestradores@fgvb.es cos datos persoais completos, breve resumo do currículo deportivo, e a preferencia do grupo co que se quere participar.

O custo das xornadas son de 20€  por asistente que se deben ingresar na conta da Federación Galega de Voleibol (ES71 0081-0499-6400-0137-8440 Banco Sabadell). Para os adestradores invitados non hai tarifa de participación e o prezo da comida será asumido por parte da FGVb.

A data límite para a inscrición é o mércores 30 de outubro as 18:00 horas.