Menu Close

As Seleccións Galegas, en plena forma

As selección galegas cadete e infantil masculina e feminina concentráronse ao longo desta ponte de carnaval co fin de iniciar a prepararación dos vindeiros campionatos de España por Seleccións Autonómicas.

O proxecto de tecnificación da FGVb asentouse de novo no Concello lugués de Quiroga, onde os máis de 50 xogadores e xogadoras galegos adestraron o luns 24 e o martes 25 de febreiro . Seguindo as indicacións dos técnicos da FGVb, as Seleccións Galegas de voleibol infantil feminina e masculina e cadete masculina traballaron en turno de mañá e tarde no pavillón de deportes de Quiroga.

A Selección Galega Cadete Feminina, pola súa parte,  participou no Torneio Internacional das Camélias, campionato coas seleccións cadete da rexión de Viana Do Castelo –Braga e a de Alentejo-Algarve na localidade portuguesa de Celorico de Basto.

Durante o o domingo, luns e martes pola tarde, as xogadoras galegas desfrutaron dunha convivencia en Portugal que rematou ca victoria do triangular, ao impoñerse na final  por 3-1 ( 25-18, 23-25, 22-25, 15-25) á selección de Viana Do Castelo –Braga e na que a xogadora do CV Ribeira Sacra Lucía González foi recoñecida coma a máis valorada do torneo.

O Seleccionador Galego Juan Carlos Suárez analizou a participación da Selección Feminina Cadete: “a selección puido realizar neste torneo 4 adestramentos así como 2 partidos que permitiron aos técnicos comprobar como se desenvolven as xogadoras non só no aspecto técnico táctico senón tamén no aspecto competitivo. No primeiro partido do torneo a vitoria foi clara, pero o segundo partido contra a selección de Braga obrigou ás xogadoras a un maior esforzo, xa que mesmo chegaron a gañar o primeiro set, pero coa mellora da recepción ( punto débil neste torneo, aumentado polo cambio de balón oficial) o combinado galego puido refacerse e pechar o partido nun 3-1 final . Pecha así o primeiro paso de fronte ao CESA deste ano con bo pé e con ganas de afrontar en seguinte torneo que se realizará en Madrid os días 10, 11 e 12 de abril.”