Menu Close

Celebración da XXXIII Asemblea Xeral da FGVb en Santiago de Compostela

Este domingo día 22 de setembro celebrouse a XXXIII Asemblea Xeral da Federación Galega de Voleibol en Santiago de Compostela. Con localización no Hotel Tryp Santiago, e coa primeira convocatoria marcada ás 9:30 e ás 10 a segunda, reuníronse tanto os membros da asemblea como os asistentes que o solicitaron de maneira individual.

A asemblea, baixo a presidencia de Jose Ángel Luna, desenvolveuse con total normalidade e contou cos máximos representantes do voleibol galego, que presentaron diferentes propostas co fin de mellorar a saúde do mesmo e sentar as bases para asegurar unha estrutura sólida para as próximas temporadas.

Ademais tratáronse temas como o informe do Presidente da FGVb con respecto á campaña pasada, así como os diferentes programas de actuación que se van a desenvolver para a promoción do voleibol en Galicia durante os anos vindeiros.

Con respecto á materia económica aprobáronse as contas da temporada pasada e, tras repasar a proposta de normas de competición para o curso 2019-2020 en diferentes categorías e atender os rogos e preguntas dos asistentes, levantouse a sesión.

Xa está dispoñible no apartado de Descargas toda a normativa aprobada.

Resumo dos cambios aprobados na normativa da FGVb

Resumo dos cambios aprobados nos regulamentos da FGVb