Menu Close

Celebrada con éxito a XXXIV Asemblea do Volei Galego

A Federación Galega de Voleibol celebrou este sábado a súa XXXIV Asemblea Xeral no Hotel Tryp de Santiago de Compostela.  Con primeira convocatoria para as 9:30 e segunda para as 10:00, o Presidente D. Jose Ángel Luna Bargo citou aos socios que configuran o estamento asambleario.

Para esta ocasión  e co fin de respetar as indicacións sanitarias, habilitouse unha sesión telemática grazas á Unión de Federacións Galegas Deportivas na súa plataforma web para os invitados que noutras ocasións tiñan a posibilidade de asistir presencialmente.

A sesión comezou ca aprobación da acta anterior, así como co informe do Presidente no que fixo un repaso da primeira parte da temporada e analizou o impacto do COVID 19 no deporte do voleibol en Galicia.

Aprobado o peche de exercicio 2019 e o presuposto do vindeiro ano, continuouse  cun repaso dos diferentes programas de actuación que compoñen a Federación Galega de Voleibol como son o comité técnico, o arbitral e o de comunicación.

Unha vez concluída esta primeira parte, aprobouse a finalización das competicións da temporada 19-20 sen campións dunha forma oficial, idea que xa se introducira ao longo das diferentes reunións que se mantiveron cos clubes a medida que se coñecían as novidades relacionadas ca pandemia.

Aprobando as normas de competición para a temporada 20-21, nas que se recolleron cambios tanto nas normas xerais coma nas normas específicas, aceptouse tamén o novo calendario oficial para esta temporada, condicionado pola situación sanitaria e que contará cunha serie de adaptacións, como a de deixar unha xornada libre cada catro celebradas, e marcando o seu inicio para o 17 e 18 de outubro.

Da mesma forma  aceptáronse tamén por unanimidade os cambios no reglamento para este ano da modalidade de pista, deixando pendentes as de praia para unha futura Asemblea que se celebrará o vindeiro inverno.

Superados os rogos e preguntas e finalizados todos os puntos do día, levantouse unha sesión ininterrumpida que durou máis de 5 horas e que deu o pistoletazo de saída á nova temporada de Volei Galego.