
A RFEVB celebra este último trimestre de 2019 dúas xornadas de seguimento, tecnificación e selección de xogadores dentro das actividades encadradas no Programa Voleibol 2025.
Este programa ten como obxectivo detectar e atraer a mozos con calidades acordes ao voleibol de alto nivel internacional para formalos técnico-deportivamente na súa capacitación no alto rendemento.
Para estas Xornadas, que se desenvolverán paralelamente en Palencia (masculino) e Soria (feminino) e que terán lugar do 30 de outubro ao 3 de novembro e do 5 ao 9 de decembro, seleccionáronse aos seguintes xogadores galegos na primeira convocatoria:
• Anier Mariño González EMEVE
• Roi Losada Gordaliza CV CALASANCIAS
• Jaime Arjones Ferreiros CV CABO DE CRUZ BOIRO
• Martín Casais Branco CV CABO DE CRUZ BOIRO
• Candela López Méndez EMEVE LUGO / CAEP SORIA
Desde a FGVb queremos dar o parabén tanto aos xogadores como aos clubs que fixeron posible esta convocatoria, xa que recoñece a súa constancia e o seu bo facer, e animámoslles a que sigan traballando para formar parte deste tipo de invitacións.