Menu Close

Comezan as terceiras divisións do Volei Galego.

Tras o peche de inscripcións, quedaron formalizados os equipos galegos que conformarán as Terceiras divisións para esta temporada 2019 -2020  do noso deporte en Galicia.

Este fin de semana do 23 e 24 de Novembro os 7 equipos de categoría Xuvenil, 18 cadete e 9 infantil comezarán a disputa dos seus partidos.

Loitando cada xornada, estes 34 equipos femininos xa están preparados para pelexar con todo por cada unhas das vitorias que a final deste curso os sitúen no ascenso á categoría de prata, sen esquecer os valores que calquer práctica deportiva implica.

Grazas a estas incorporacións o Volei Galego aumenta en 5 equipos mais que a pasada temporada, facendo un total de 156 equipos entre todas as categorías que compoñen a FGVb.

Dende a FGVb desexámoslle moita sorte a todos os equipos, animándolle a que disfruten cada minuto de partido xunto aos seus compañeiros e rivais.