Menu Close

Comunicado oficial sobre protocolos de retorno aos adestramentos e competicións.

Unha vez aprobado por parte da Secretaría Xeral para o Deporte o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, continua a recuperación fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Co obxectivo primordial de limitar ao máximo posible a capacidade de transmisión do coronavirus en todo o proceso da práctica deportiva a FGVb segue a traballar nos seus protocolos de pista e praia para poder realizar unha volta á “nova normalidade” o máis segura e breve posible.

Para consultar o comunicado completo pode facer click no seguinte enlace ou ben consultar a imaxe adxunta.