Menu Close

Concurso “Nova marca FGVb”

Dende a Federación Galega de Voleibol abrimos a convocatoria para o concurso de deseño da
nova imaxe de marca corporativa da Federación.


A marca actual representou á entidade durante anos, pero creemos que precisa de unha
renovación para adaptala os tempos actuais. Por iso, créase o concurso “Nova Marca FGVB”, no que solicitamos aos participantes o deseño dun novo logotipo e unha mascota para a nosa entidade.

Da mesma forma, tamén se inclúe o deseño do logotipo de “Volei Galego”, unha nova submarca que quere dar visibilidade a todo o esforzo que se fai dende todos os recunchos de Galicia no noso deporte.

No apartado de descargas da web da Federación están dispoñibles as bases para poder
participar.