Menu Close

Convocada a XXXIV Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Voleibol

O Presidente da FGVb D. Jose Á. Luna Bargo convocou o próximo 12 de setembro, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:00 horas en segunda convocatoria, aos membros da Asemblea Xeral para asistir a unha reunión que pechará a temporada 2019-2020 e dará comezo á 2020-2021.

O acto, que se celebrará no Salón Ourense do Hotel Tryp Santiago de Santiago de Compostela, estará condicionado pola actual situación sanitaria, co que se tomarán medidas para unha maior seguridade e evitar riscos relacionados ca COVID-19.

Desta forma, pola seguridade dos presentes e tendo en conta as restricións que actualmente ten a cidade de Santiago de Compostela, non se permitirá a asistencia a invitados como en anteriores ocasións. A obrigatoriedade de manter a máscara todo o tempo da reunión, o mantemento da distancia de seguridade ou a desinfección das mans antes de cada entrada a sala son algunhas das medidas que xa se informaron aos invitados. Do mesmo xeito, as votacións realizaranse co método de “man alzada”, eliminando os cartóns de votación que habitualmente se distribuían, así como non se fará parada para o café no descanso para evitar as agrupacións de persoas.

Con respecto á orde do día da Asemblea Ordinaria será a seguinte:

  • 1. Aprobación, se procede, da Acta da reunión anterior, celebrada en Santiago o 22 de setembro de 2019.
  • 2. Informe do Presidente da Federación Galega de Voleibol.
  • 3. Peche do exercicio 2019.
  • 4. Presuposto do exercicio 2020.
  • 5. Programas de actuación da FGVb.
  • 6. Finalización das competicións da temporada 2019-2020.
  • 7. Normas de competición para a temporada 2020-2021.
  • 8. Asuntos varios.
  • 9. Rogos e preguntas