Menu Close

Convocatoria das Seleccións Galegas de Voleibol infantil e cadete

Arrinca o proxecto de tecnificación da FGVB para esta presente campaña, co obxectivo de perfilar e adestrar aos equipos que asistirán representando a Galicia aos próximos Campionatos de España por Seleccións Autonómicas.

As Seleccións Galegas de Voleibol comezan coas concentracións de carnavais o vindeiro luns 24 e o martes 25 de febreiro no concello lugués de Quiroga. As seleccións concentradas serán a Infantil feminina  e a infantil e cadete masculina. Os seleccionados deberán presentarse no pavillón de Quiroga nos seguintes horarios:

  • Infantil masculino: 9:00
  • Infantil feminino: 10:30
  • Cadete masculino:12:00

Debido a limitación de aloxamento a convocatoria dividirase en xogadores convocados os dous dias e xogadores convocados so un dia. Os que teñen que presentarse o dia 25 o farán nos seguintes horarios:

  • Infantil masculino: 9:00
  • Infantil feminino: 10:30
  • Cadete masculino:12:00

Os horarios dos adestramentos serán en Quiroga serán:

  LUNS 24 MARTES 25
9:00-11:00 IM IM
10:30-12:30 IF IF
12:00-14:00 CM CM
15:00-17:00 IM IM
16:30-18:30 IF IF
18:00-20:00 CM CM

A selección galega cadete feminina partirá o domingo 23 cara localidade portuguesa de Celorico de Basto a xogar un triangular coas seleccións cadete da rexión de Viana DO Castelo –Braga e a de Alentejo-Algarve. Este torneo disputarase o domingo, luns e martes pola tarde, regresando a Galicia o final deste partido.

Para o desprazamento a Celorico de Basto ,os horarios de recollida serán:

  • Saída 7:30 da maña da Coruña, Avenida de Glasgow 13 no complexo deportivo de Elviña.
  • 1ª parada en Padrón ( plaza da feira) as 8:45
  • 2ª parada en Pontevedra ( a determinar) as 9:30
  • 3ª parada en Vigo , na estación de tren de Guixar as 10:00

O programa do viaxe é o seguinte:

Día 23 Febreiro

  • 12h – adestramento
  • 18h Partido1 – Associação Voleibol do Alentejo e Algarve x Federación Galega Voleibol

Día 24 Febreiro

  • 14h30- adestramento
  • 17h – Partido 2 –  AVB/AVVC Minho – Associação de Voleibol do Alentejo e Algarve

Día 25 Febreiro

  • 9h30 adestramento
  • 15h – Partido 3 – Federación Galega Voleibol x AVB/AVVC – Minho

No caso de que por algunha razón de forza maior non puidera asistir, pedímoslle que nolo comunique o antes posible mediante correo a dtecnico@fgvb.es ou chamando ao número 658527305 ( Juan Carlos Suarez)

Na súa incorporación solicitámoslles que se presenten coa seguinte documentación:

  • Tarxeta sanitaria ou fotocopia da cartilla da seguridade social
  • DNI
  • A súa vez, informámoslle que debe traer roupa e calzado deportivo, material de aseo persoal, etc.

As nomes dos xogadores convocados según categoría son os seguintes: