Menu Close

Dumbría: sede da Copa Príncipe 2020

Despois da fase final de  acenso a Superliga 1, disputada o pasado mes de abril,  Dumbría volve organizar unha gran competición do voleibol nacional.

A Copa Príncipe volve a celebrarse de novo en terras galegas e, tras organizarse en Lugo ( 2011 e 2013) e en San Sadurniño (2016 e 2017), terá lugar en Dumbría os próximos 11 e 12 de xaneiro de 2020. 

O galegos Voleibol Dumbría e  Rotogal Boiro Voleibol loitarán para que a copa volva quedar na nosa terra,  xa que das últimas catro edicións tres foron para equipos galegos ( Aldebarán San Sadurniño en 2016 e Arenal  Emevé  en 2018 e 2019). O Club Vigo Voleibol completa aos campións galegos, ao conseguir o triunfo na terceira edición celebrada en 2010 en Castellón.

Esta  XIII entrega do torneo, que cambiou de formato en 2017, terá lugar en O Conco (Dumbría) durante dous días e será en formato Final Four, enfrontando aos catro mellores equipos da Superliga 2 Masculina, cruzando aos dous mellores clasificados de cada grupo contra os segundos do grupo contrario.