Menu Close

Éxito galego no torneo de Volei Praia de inverno de Ourense

Reunindo a varias das mellores parellas nacionais do momento tanto en categoría masculina como feminina,  as renovadas pistas do recinto municipal de Oira acolleron a competición ao longo deste sábado. Esta primeira proba do Circuito de Inverno de  Voley Praia Nacional concluíu de maneira exitosa cunha gran participación e deixando ao Volei Praia Galego con grandes resultados.

O Club  Volei  Praia Milenio conseguiu a vitoria na  competición feminina.  A parella formada por Nuria Bouza e  Nazaret  Florián realizou unha excelente competición que lles levou a disputar unha final na que se enfrontaron ao dúo do Club  Voley Praia Majadahonda. Nuria e  Nazaret tiveron remontaron tras perder o primeiro e alzándose ca victoria con un 19-21 / 21-18  e 15-11.

Destacar unha meritoria terceira posición na competición feminina do Club  Voley Praia Lugo, formada pola lucense María Bouza e a finlandesa  Anninna  Touhimaa, que derrotaron ás xogadoras do Club  Voley Praia Vigo María Xudit Carrete y Jacqueline Casal na final de consolación.

No cadro masculino a parella portuguesa do Club Milenio Ourense formada por Joao Nuno Pinto e Hugo Oliveira foron a revelación do campionato  ao derrotar con solvencia na final a outro xogador do Club Milenio,  Hernán  Tovar, que facía parella con Aldo  Rendón por 2-0 (21-15 / 21-17).

En terceiro lugar do cadro masculino quedaron o xogador do Club Milenio David  Guiñazú que facía parella co vigués Diego Pérez, xa que derrotaron na final á outra parella do Club  Voley Praia Vigo formada por Diego Vázquez e Diego García realizando ambos os equipos unha excelente competición.