Menu Close

Galegos chamados ás concentracións da RFEVB

A canteira do voleibol galego medra, en cantidade e calidade, e o gran esforzo dos clubes da terra vese recompensado con diferentes éxitos e alegrías. Unha destas alegrías e un factor máis que indica o talento e o traballo que se está a facer en Galicia son as numerosas chamadas de deportistas galegos coas seleccións nacionais.

A última destas chamadas faina a Real Federación Española de Voleibol para as Xornadas de Supervisión e Control que se van celebrar en Palencia e Soria do vindeiro venres 31 de maio ao domingo día 2 de xuño.

En Palencia, onde se reunirán os dezaseis convocados para a xornada masculina, estarán presentes catro xogadores galegos: Martín Casais Blanco e Jaime Arjones Ferreiras, ambos do CV Cabo de Cruz, Anier Mariño González do Club Korbis e Alejandro Amigo Seoane, do CV Oleiros. Ademais incorpórase á concentración nacional Adrián Alves Castro, do Cabo de Cruz, como técnico.

Soria será sede da xornada feminina, que convocará a sete promesas do volei nacional entre as que se atopan Inés Losada Gordaliza, do CV Calasancias e Candela López Méndez, do Emevé.