Menu Close

Galicia, parada confirmada no Madison Beach Volley Tour 2020.

(foto: Madison Beach Volley Tour)

O municipio galego de Sanxenxo acollerá unha proba do circuito nacional de volei praia por primeira vez na súa historia. O agardado estreo do Madison Beach Volley Tour en Galicia será do 4 ao 7 de xuño de 2020 na Praia de Silgar.

Despois do acordo entre a Xunta de Galicia e o  Concello de Sanxenxo, a localidade galega será unha parada máis neste circuito nacional de volei praia organizado conxuntamente por Madison Sports Marketing e a Real Federación Española de Voleibol (RFEVB), contando tamén co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia.

Deste xeito, os mellores desportistas masculinos e femininos deste deporte congregaránse nesta primeira edición do Sanxenxo International Open 2020  durante catro días , sendo a esta capital do voleibol nacional durante os primeiros días de xuño.

Con actividades para os afeccionados como música en directo, bailes, retos e sorteos, este evento contará tamén co Madison Beach Volley Tour Kids, un programa que fomenta o volei entre os más pequenos, acollendo así actividades para todas as idades.

Sanxenxo queda así confirmado, xunto cas seguintes  sedes confirmadas para o Madison Beach Volley Tour 2020:

  • Menorca del 30 de abril al 3 de mayo
  • Cantabria del 23 al 26 de julio
  • Fuengirola 27 al 30 de agosto.

Pode ampliar a información no seguinte link.