Menu Close

Gran proba do Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín en Narón

Este sábado en Narón tivo lugar a segunda proba do Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

Máis de 70 equipos de toda Galicia participaron ao longo do sábado nos máis de 180 partidos celebrados no Campo da Serra e A Solaina dende as 09:30 da maña ata as 21:00 horas.

Os 392 deportistas participantes pasaron polas 15 pistas habilitadas, con máis de 30 árbitros e 5 responsables de pista que supervisaron a proba dende o primeiro ao último encontro.

Destacar a gran labor do Club Narón Volea, responsable da organización da proba e que fixo desfrutar a pequenos e maiores ao longo do día nas categorías Prebenxamín, Benxamín Masculino, Benxamín Feminino, Alevín Masculino e Alevín Feminino.

A próxima proba provincial está fixada para o 14 de Marzo en Pontevedra , no que se espera continuar co aumento de deportistas e partidos a desputar.

Resultados da segunda proba realizada en Narón:

Alevín Masculino

  1. CD Aldebarán
  2. CV Korbis A
  3. Jealsa Boiro
  4. Arenal Emevé AM1

Alevín Feminino

  1. CV Calasancias A
  2. CV Ribeira Sacra A
  3. Arenal Emevé AF2
  4. CV Korbis A

Benxamín Masculino

  1. Arenal Emevé BM1
  2. Jealsa Boiro Voleibol BM2
  3. Narón Volea
  4. Calasancias Coruña BM1

Benxamín Feminino

  1. Calasancias Coruña BF1
  2. Arenal Emevé BF1
  3. M. de Ouro Voleibol Rianxo (CV Rianxo)
  4. Calasancias Coruña BF2

Prebenxamín

  1. Volea Narón
  2. Calasancias Coruña PB1
  3. Calasancias Coruña PB2
  4. Narón Volea

Resultados completos da proba:

Resultados globais ata o momento: