Menu Close

Guadalaxara e Valladolid, sedes da Copa España 2019.

A competición oficial da RFEVB, que se convoca nas categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, está dirixida tanto a clubs españois como a clubs estranxeiros e ten aberta a inscrición ata o próximo día 22 de novembro.

A festa do voleibol terá lugar o 27 (tarde) ao 30 (mediodía) de decembro de 2019, nas cidades de Guadalaxara (Alevín e Infantil) e Valladolid (Cadete e Xuvenil).

Xa na súa sétima edición, coincidirá cos partidos ALL STAR das Superligas masculina e feminina, en Valladolid e Guadalaxara, respectivamente, emitidos habitualmente en directo por Teledeporte, o que concede un atractivo maior á competición, permitindo que os mozos deportistas poidan ver en vivo a algunhas das estrelas do voleibol nacional.

Como novidade este ano, a inscrición de equipos farase a través da Intranet da RFEVB, nun simple procedemento que facilitará o proceso de rexistro de participantes.

En caso de non dispoñer de credenciais para acceder á Intranet da RFEVB, os clubs deberán solicitalas á RFEVB por correo electrónico (competiciones@rfevb.com e correo@rfevb.com).

Toda a información no seguinte documento.