
Aproveitando a celebración da XXXVII edición da Copa Galicia Masculina, o presidente da Federación Galega de Voleibol Jose Anxo Luna fixo oficial a designación de José Francisco Bouza Betriú como novo Presidente do Comité Técnico de árbitros da Federación Galega de Voleibol.
Jose Francisco Bouza, cunha longa traxectoria como colexiado no deporte, asumiu o cargo de maneira inmediata como máximo dirixente da arbitraxe galega.