Menu Close

Nova reunión do grupo de traballo FISICOVID-VOLEI GALEGO

Sempre atendendo e respetando as indicacións das autoridades sanitarias, e coñecendo a inestabilidade da actual situación que estamos a vivir, o Volei Galego traballa para estar preparado de cara á nova temporada que se aveciña.

O grupo de traballo FISICOVID-VOLEI GALEGO, que colaborou na elaboración do Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para adestramentos en pista e praia da FGVb, continúa evaluando as diferentes casuísticas que os clubes do Volei Galego poden afrontar na volta aos adestramentos e competicións. Identificando situacións de contaxio antes, durante e despois da práctica deportiva, estas reunións priorizan a seguridade de todos aqueles implicados no noso deporte na CCAA de Galicia.

Ao ser considerado un deporte de contacto, o voleibol afronta máis obstáculos ca outras modalidades deportivas chegado o momento da súa practica, o que require a implicación total de xogadores, técnicos, árbitros e asistentes. Si sumamos tamén as diferenzas estructurais das instalacións deportivas galegas, así como o novo material para respetar as medidas de seguridade, o noso deporte precisa unha serie de pautas comúns nas que vontade e a responsabilidade de todos serán cruciais.

Dende a FGVb agradecemos a paciencia de todos e recordamos que seguen dispoñibles tanto o Protocolo de adestramento en praia coma o Protocolo de adestramento en pista para a súa consulta e descarga, e rogamos a súa lectura detida por parte dos responsables de cada club para facer o seguimento dos mesmos e atender as posibles dúbidas sobre a súa implementación.