Menu Close

Nova reunión informativa do Volei Galego.

As modalidades deportivas con contacto, que están vendo a súa volta á actividade freada e nas que está incluído o voleibol pola dificultade de manter as distancias mínimas de seguridade, están a vivir unha incertidume sen precedentes que afecta a todos/as os/as persoas relacionados/as co ámbito deportivo.

Despois de coñecer esta semana o compromiso do CSD para elaborar un protocolo común a todas as CCAA para todas as prácticas deportivas de carácter nacional, e tamén as últimas modificacións da Secretaría Xeral para o Deporte autorizando a práctica deportiva con contacto para equipos galegos que participen  en competicións non profesionais de carácter nacional, esta semana comezáronse a vislumbrar posibles solucións para a reanudación do deporte máis profesionalizado.

No tocante ás competicións autonómicas, o Presidente da FGVb comunicoulle aos clubes que trasladou a súa preocupación ao Secretario Xeral para o Deporte, así como a necesidade de poñer prazos e fixar un horizonte no que se poida plantexar esta nova temporada, na que o voleibol será o primeiro deporte colectivo que volva á actividade como proxecto piloto.

Pola súa parte, os clubes mostraron a súa preocupación de cara a recuperar os adestramentos dentro da “nova normalidade”, xa que a súa prioridade coma a da FGVb é asegurar aos seus xogadores/as , técnicos/as e árbitros/as e as diferentes casuísticas tanto en requisitos, infraestructuras como en recursos complican o día a día para calquera entidade deportiva.

Finalmente informouse de que as competicións en Galicia, que estaban previstas para comezar o primeiro fin de semana de octubre, poden ver retrasadas o seu inicio debido a evolución da pandemia COVID-19. A FGVb, co fin de normativizar e flexibilizar a temporada,  tomará medidas para axeitar o modelo de competición e optimizalo en función da futura situación e as indicacións sanitarias, e se presentarán na vindeira Asamblea Xeral que se producirá a mediados de setembro.