Menu Close

Novas Xornadas de Supervisión e Control da FGVb

Ábrese o prazo de inscrición para participar nas 2º Xornadas de Supervisión e Control da Federación Galega de Voleibol que se celebrarán o 4 de Xaneiro do 2020. Pódense apuntar todos os rapaces e rapazas de categorías infantil e cadete, tanto na categoría masculina como na feminina. 

A Xornada terá a súa sede na localidade Luguesa de Quiroga, no Pavillón Municipal, cos seguintes horarios de presentación no pavillón e de recollida: 

  • Infantís Feminino: chegada ás 9:00 horas e saída ás 17:00 horas
  • Cadetes Femininos: chegada ás 10:30 horas e saída ás 18:30 horas
  • Infantís e cadetes Masculinos: Chegada 12:00 e saída as 19:30

Para poder participar, é preciso enviar un correo a adestradores@fgvb.es coa seguinte información:       

Ademais, teñen que levar para a Xornada copia do DNI e tarxeta sanitaria e útiles de aseo persoal, así como a roupa axeitada para a actividade.

O custe das xornadas son de 20€ que se deben ingresar na conta da Federación Galega de Voleibol (ES71 0081-0499-6400-0137-8440 Banco Sabadell).

Tamén poden participar os adestradores dentro do programa de Tecnificación da FGVb. Para os adestradores invitados non hai custe de participación e o custe da comida será por parte da FGVb. Para participar, só hai que enviar un correo a adestradores@fgvb.es cos datos persoais completos, breve resumo do currículo deportivo, e a preferencia do grupo co que se quere participar.

A data tope para apuntarse é o xoves 2 de Xaneiro as 18:00 horas.