Menu Close

Novo Plan de comunicación FGVb

O novo Plan de comunicación para esta temporada 2019-2020 enviouse onte a tódolos clubs que compoñen a familia do Voleibol Galego.

Dito plan ten o obxectivo de potenciar a marca e a visibilidade dos clubs e da FGVb , así como a de mellorar a comunicación existente entre ambos, facéndoa dunha maneira máis fluída e constante.

Os clubs, principales protagonistas desta guía, atoparan unha serie de consellos e pautas que se irán actualizando ao longo da temporada. A idea principal e a de que participen na nova imaxe do voleibol Galego, sendo esta unha representación da mistura dos diferentes clubs que compoñen o noso deporte en Galicia, cada un coa súa filosofía característica e a súa maneira de traballar propia.

Dende a FGVb queremos agradecer a colaboración de todas as entidades e a boa recepción que está recibindo esta iniciativa.