Menu Close

Novo protocolo xeral FISICOVID-DXTGALEGO da FGVb e específico para os adestramentos en Volei Praia.

A FGVb lanza o seu protocolo FISICOVID-DXTGALEGO co obxetivo de limitar ao máximo posible a capacidade de transmisión do coronavirus. Esta ferramenta abrangue situacións no espazo de práctica ou centro deportivo nos procesos de antes, durante e despois do mesmo, así coma tamén nos desplazamentos previos e posteriores ás actividades.

Do mesmo xeito, a Federación Galega de Voleibol pon á disposición dos seus deportistas, técnicos e clubes diferentes modelos de responsabilidade no uso de instalacións deportivas para os deportistas e responsables de entidades co fin formalizar a asistencia a adestramentos e futuras competicións.

Por outra banda, seguimos a traballar no protocolo específico de pista, que en breve será publicado a través das nosas canles de comunicación oficial e que estará dispoñible tamén nesta mesma páxina web.

Facendo click en cada protocolo/compromiso para visualizar e descargar cada documento.