Menu Close

Nuria Bouza e Nazaret Florian gañan o torneo de volei praia de Zaragoza

A parella de xogadoras do Sousas Oira Praia venceu no Torneo de Zaragoza, proba pertencente ao Campionato Nacional de Inverno de Volei Praia organizado pola RFEVB.

O pasado sábado 7 de decembro no Beach Voley Center, complexo deportivo da capital maña, o tándem impúxose a 16 das mellores parellas de toda España.

As xogadoras do Club Milenio Ourense venceron na final á malagueña Sofía González e a cántabra Ana Vergara nun encontro que lles outorgou o título tras deixar fóra a Luana Araco e Ania Esarte nunha semifinal moi equilibrada.

Destacar tamén que o xogador do Sousas Oira Praia Hernán Tovar, que facía parella con Aldo Rendó, obtivo a medalla de bronce na categoría masculina do mesmo torneo.

Disputado ao longo de onte, e tras perder contra a parella campioa do torneo formada polo canario Javier Huerta e o sevillano Antonio Saucedo, os xogadores conseguiron o terceiro posto na proba tamén celebrada no Beach Voley Center de Zaragoza .

Este circuíto de inverno de volei praia nacional , na que 4 das 30 probas celebraranse en Galicia, aterrará o próximo día 28 de decembro en Ourense, máis concretamente nas pistas do recinto de Oira e nas que o Club Milenio Ourense será o anfitrión.