Menu Close

O Arenal Emevé clasificado para a Copa do Rey

O Arenal Emevé consolidou esta fin de semana o seu pasaporte para a Copa do Rey 2019-2020.

O equipo lucense, tras vencer ao Río Douro Soria por tres sets a cero con parciais de 25-20, 25-17 e 25-22, asegurou o seu pase na décima xornada da SVM e a falta de dúas xornadas para que finalice a primeira volta.

A Copa do Rey, fixada do 7 ao 9 de febreiro en Palma de Mallorca de 2020 nesta edición, é a competición máis antiga de España.

Co cambio de formato de 2013, enfronta aos dous primeiros clasificados da Superliga, que acceden directamente a semifinais, contra os vencedores dunha liguiña disputada entre os equipos situados entre o terceiro e o sexto posto da táboa.

Desde a FGVb queremos felicitar ao Arenal Emevé polo mérito acadado e animarlle a que siga conseguindo éxitos para o club e o Volei Galego como esta clasificación.