Menu Close

O Arenal Emevé coróase como campión nunha gran xornada para o Volei Gallego.

Este sábado os catro mellores clasificados masculinos da temporada pasada do voleyball galego xogaron a fase final da XXXVII Copa Galicia en Boiro. Durante todo o día, o pavillón de A Cachada foi o centro neurálxico do Volei Galego, albergando desde as semifinais á gran final que tivo lugar ás 19:00.

Ante a atenta mirada de público procedente de toda Galicia, o Club Deportivo Aldebarán Intasa San Sadurniño, o lucense Arenal Emevé , o Rotogal Boiro e o Voleibol Dumbría batéronse pola máxima coroa do Voleyball galego desde primeira hora da mañá.

A primeira semifinal , que enfrontaba aos anfitrións contra o Intasa San Sadurniño decidiuse polos segundos tras un disputado 25-21/26-24/19-25 e 27-25. Na segunda, os de Lugo non deron opción e acabaron co Dumbria por 25-10/25-13/25-20.

Unha vez na xornada de tarde, e na final de consolación que se xogou como entrante da gran final, os de Dumbría reponíanse gañando aos locais e facéndose así co terceiro posto tras un bo partido por parte de ambos conxuntos.

Por último a final da XXXVII Copa Galicia deixou un gran espectáculo aos asistentes que abarrotaron A Cachada, coroando ao Arenal Emevé como campión e deixando en segundo lugar a un Club Deportivo Aldebarán Intasa San Sadurniño que vendeu cara a vitoria xa que non baixou os brazos en ningún momento.

O evento pechouse coa entrega dos trofeos aos premiados por parte do presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna, o; Xerente dá Fundación Deporte Galego, D. Iván Caravel San Emeterio e o edil de Deportes de Boiro, D. Marcos Fajardo.