Menu Close

O Arenal Emevé xa ten rival na Copa de SM El Rey 2020

O Arenal Emevé, club que xa participou na Copa Princesa desta fin de semana en Palma de Mallorca e que caeu pese a remontar dous sets ante o Vall d´Hebrón,  xa coñece os seus rivais para a Copa do Rey que se disputará do 7 ao 9 de febreiro.

Na sede de la Real Federación Española de Voleibol levouse a cabo o  sorteo dos cruces do torneo do KO nesta edición que terá lugar en Palma de Mallorca.

Os lucenses inaugurarán o torneo xogando contra o Ushuaia Ibiza o día 7 as 17:30, tendo como rival ao Unicaja Costa de Almería, actual campión do torneo, en caso de pasar a semifinales.

A final terá lugar o domingo as 17:00 horas no Palau Municipal D’Esports Son Moix.