Menu Close

O Volei Galego e o Tour Universo Mujer, xuntos en Pontevedra o 6, 7 e 8 de marzo.

Os próximos 6, 7 e 8 de marzo celebrarase na cidade de Pontevedra o Tour Universo Mujer.

Este programa, adicado ao desenvolvemento da muller e á súa evolución dentro da sociedade, ten como obxetivo levar a cabo iniciativas que contribúan á mellora da mesma a través dos valores do deporte feminino. 

Grazas á colaboración entre a FGVb e o CV Pontevedra, o Volei Galego estará presente na etapa galega deste Tour que promocionará a responsabilidade e o rol das deportistas femininas, así coma os seus logros, a través de diferentes accións.

Dª Patricia Valcarce, Presidenta do CV Pontevedra, e D. Jose Ramón Baña, Secretario da FGVb, asistiron a presentación celebrada este martes en Pontevedra e comentarón para a FGVb a importancia de participar na que será a 17ª edición do Tour Universo Mujer.

Patricia Valcarce, Presidenta do CV Pontevedra:

“Desde o Club Voleibol Pontevedra, estamos moi contentos de poder colaborar e participar na etapa do Tour Universo Muller con escala en Pontevedra como club feminino representante de Pontevedra, cidade que se implica e aposta polo deporte en xeral e en especial polas modalidades feminina, coa celebración de numerosas probas e competicións autonómicas, nacionais e internacionais.

Como club local representante do voleibol, deporte cunha alta porcentaxe de licenzas femininas, e impulsado polo Programa Universo Muller de Iberdrola e do Consello Superior de Deportes, este evento é unha gran oportunidade de seguir promovendo o voleibol tanto a nivel local, e mesmo a nivel nacional, polo alcance desta actividade, xa non só desde o punto de vista deportivo, senón tamén como un potente instrumento de recoñecemento do papel da muller na sociedade e no deporte. Cremos que todos os que nos dedicamos a ensinar e formar deportistas nesta disciplina deportiva podemos colaborar neste aspecto grazas á mellora dos resultados deportivos a nivel nacional e internacional, ao  motivante e atractivo que é a nivel formativo e  amateur, así coma aos valores de traballo, esforzo, solidariedade e compañeirismo que implica o seu ensino.”

Dº Jose Ramón Baña, Secretario da FGVb:

“O Universo Mujer é un evento no que a Federación Galega de Voleibol ten que estar plenamente comprometido. Con mais do 70% de licenzas femininas, temos que ser exemplo de apoio o deporte feminino, a súa visualización e a promoción do mesmo. Poder estar nun día como o de hoxe, onde institucións publicas e privadas colaboran en un evento multidisciplinar a promocionar non só a muller, senón o deporte, é case unha obriga para a nosa Federación. E acompañar o Club local, un histórico do voleibol galego como é CV Pontevedra e a súa Presidenta, Patricia Valcarce, todo unha honra para nós. Os días 6, 7 e 8 de marzo, Pontevedra será un referente e un exemplo a nivel nacional do deporte feminino, onde o Volei Galego estará presente.”

Pode consultar toda a información sobre o evento na seguinte ligazón.