Menu Close

O Volei Galego é rosa

Coa celebración do Día Internacional do Cancro de mama o Voleibol galego tinguiuse de rosa.


A fin de semana do 19 /20 de outubro, e aproveitando a celebración da xornada ligueira, moitos dos clubs galegos mostraron o seu apoio á devandita causa, xa sexa a través das súas redes sociais ou ben mediante accións nos partidos que se disputaron ao longo do sábado e o domingo.


Desde a FGVb queremos agradecer a todos os clubs o seu apoio, que serviu para mostrar de maneira unánime que o Volei Galego solidarízase e respalda esta loita coa que mulleres de todo o mundo combaten a diario.


Deixamos algunhas das moitas imaxes recollidas nos pavillóns de toda Galicia

Tamén algúns dos logos que se mostraron nas redes sociais dos clubs.

Carteis promocionais en redes sociais