Menu Close

O Volei Galego móvese.

Xornadas de Supervisión e Control no turno de mañá

Durante esta fin de semana o Volei Galego estivo en constante movemento. Ademais de todas as competicións programadas, celebráronse dous eventos con importancia no calendario da FGVb e que teñen seguimento ao longo de toda a temporada.

Aproveitando o festivo do venres tiveron lugar as primeiras Xornadas de Supervisión e Control onde 86 nenos procedentes de todos os recunchos de Galicia puideron gozar dun día enteiro de voleibol tutelados polos tres adestradores invitados e o equipo técnico da federación.

Estes 37 nenos e 49 nenas, comprendidos entre as categorías infantil e cadete, pasaron unha xornada en Quiroga de irmandamento na que o compañeirismo e a aprendizaxe foron, xunto a eles, os verdadeiros protagonistas.

Asistentes as xornadas formativas do venres en Boiro

Esta fin de semana tamén tiveron lugar as primeiras Xornadas de formación propostas no calendario da FGVb en Boiro, convocadas a través do Comité Técnico Galego de Árbitros .

No pavillón da Cachada tiveron lugar os cursos formativos de anotadores, árbitros e xuíces de liña, aos que asistiron 17 persoas que durante todo o día do venres, quedando a próxima data fixada para o próximo 6 de decembro, nas que levarán a cabo os mesmos cursos, aínda con emprazamento pendente de asignación e que comunicaremos a través das nosas canles de comunicación oficial.