Xa están publicadas as inscricións feitas nas 1º e 2º Divisións Autonómicas. Nas categorías nas que hai vacantes ábrese un novo prazo ata o venres 20 as 10:00 para realizar inscrición ata completar a categoría.
O máximo órgano plenario do voleibol galego reúnese o domingo 22 de setembro en Santiago, nunha Asemblea Xeral que servirá para poñer as bases do noso deporte en Galicia para as próximas temporadas.
A canteira do voleibol galego medra, en cantidade e calidade, e o gran esforzo dos clubes da terra vese recompensado con diferentes éxitos e alegrías. Unha destas alegrías e un factor máis que indica o talento e o traballo que se está a facer en Galicia son as numerosas chamadas de deportistas galegos coas seleccións nacionais.
O pasado sábado 25 de maio celebrouse en A coruña, co CV Calasancias como anfitrión, o Campionato Galego Alevín, no que resultaron vencedores Emevé e Voleibol Dumbría no apartado feminino e masculino respectivamente.