Menu Close

Presentación da XXXVII edición da Copa Galicia Feminina.

Este xoves día 2 de xaneiro presentouse no Pazo de Raxoi a XXXVII edición da Copa Galicia  Feminina, que se celebrará no PM do Restollal de Santiago de Compostela o próximo sábado.

Ao acto asistiron Gonzalo Muíños Sánchez, Concelleiro de Movilidade, Seguridade Cidadá e Festas e o Presidente da Federación Galega de Voleibol Jose Ángel Luna.

“É un pracer acoller XXXVII edición da Copa Galicia Feminina en Santiago. Estamos encantados de colaborar coa Federación Galega de Voleibol e o C.V. Santiago para traer unha competición de tanto nivel deste deporte. Animamos aos afeccionados a que se acerquen ao Restollal porque seguro que desfrutarán dun grande espectáculo deportivo” comentou o Concelleiro local.

“ A Copa Galicia é a gran festa do Voleibol Galego. Este ano participan 4 equipos de 3 divisións diferentes, polo que é un fin de semana perfecto para ver o mellor voleibol feminino de Galicia e desfrutar deste deporte na capital de Galicia. Queremos agradecer ao Concello de Santiago e a o CV Santiago a súa axuda para celebrar aquí o evento, xa que é unha gran oportunidade para promocionar un deporte que queremos que sexa referencial nesta cidade” afirmou o Presidente da FGVb Jose Ángel Luna.

Dende a FGVb recordamos que a entrada é de balde e invitamos a todos os afeccionados e aos amantes do deporte en xeral a que participen neste evento que comeza as 10:00 e se prolongará o longo do día ata a gran final das 19:00.