Menu Close

Presentación da XXXVII Copa Galicia de Voleibol masculina

Hoxe tivo lugar a presentación da XXXVII Copa Galicia de Voleibol masculina que o vindeiro sábado se disputará en o pavillón da Cachada (Boiro).

Ao acto, celebrado esta mañá no Concello de Boiro, asistiron o edil de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente da Federación Galega de Voleibol, Jose Angel Luna e o capitán do Rotogal Boiro Voleibol Pablo Nieto.

O evento terá lugar este sábado desde as 10:00 coa celebración da primeira semifinal entre o Intasa San Sadurniño e o Rotogal Boiro Voleibol. Ás 12 será a quenda da segunda semifinal, enfrontando ao Arenal Emevé contra o Voleibol Dumbría. Tras o parón do mediodía, ás 17 retomarase a competición coa celebración do terceiro e cuarto posto e, posteriormente, a final ás 19 horas.

O campionato será de libre acceso e poñerá o pistoletazo á temporada deportiva que está a piques de comezar.