Menu Close

Presentación do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Alevín de Ourense

Hoxe tivo lugar a presentación do próximo o Campionato Galego de voleibol de categorías  Benxamín e Alevín que se celebrará en Ourense o vindeira fin de semana.

Reunindo a nenos pertencentes de clubs galegos nas pistas habilitadas do Pavillón Municipal dos Remedios e do Polideportivo de O Pompeo,  e organizado polo Club voleibol Ourense e o Club Voleibol San Martiño en colaboración ca FGVb, este campionato congregará a máis de 300 pequenos xogadores de voleibol da nosa comunidade.

A presentación, celebrada esta mañá en Ourense, acudiron o Presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, acompañado polo Xefe de Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez, o Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario  Guede, e o Presidente de Club Voleibol Ourense, Pablo Pérez e o Director Técnico Club Voleibol San Martiño, Mateo Fernández.

O campionato comezará o vindeiro sábado día 18 de xaneiro,  e toda a información relevante a inscripción pódese consultar na páxina web da FGVb.

Tamén están dispoñibles os horarios das probas alevín feminino, alevín masculino e benxamín feminino