Menu Close

Presentación do Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín en Narón

Despois do gran éxito conseguido en Ourense, onde se congregaron máis de 360 deportistas o pasado día 18 de xaneiro, o Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín chega a Narón o próximo día 15 de Febreiro coa celebración da segunda proba desta temporada.

O evento, que se corresponde coa proba Provincial da Coruña, congregará a mozos deportistas de toda Galicia que viaxarán cos seus clubs para seguir sumando puntos na clasificación xeral ao longo do sábado no Campo da Serra e A Solaina a partir dás 09:30 .

Os máis pequenos disputarán ao longo do día os seus partidos grazas á colaboración entre a FGVb e o Club Narón Volea, organizadores da proba que foi presentada hoxe no Concello de Narón e que se disputará en próximas edicións en Pontevedra e Monforte.

Ao acto asistiu o Presidente da Federación Galega de Voleibol, Jose Ángel Luna, así como o concelleiro de Deportes local, José Oreona e a Secretaria do CV Narón Volea, Eva Romera.

Estamos moi contentos pola acollida deste evento, no que participarán máis de trescentos rapaces e rapazas, o que o convertirá nunha festa do voleibol de base, que para nós é moi importante ter equipos na élite pero sabemos que o fundamental é traballar coa base e cos rapaces e rapazas que son os que nos van garantir que no futuro poidamos continuar tendo voleibol”, comentou o Presidente da FGVb José Ángel Luna.

Horarios: