Menu Close

Presentación do circuito de Volei Praia en Ourense

As pistas de volei praia de Ourense acollerán 4 das 30 probas que se disputarán desde novembro do 2019 ata abril de 2020, compartindo protagonismo con lugares como Canarias, Cataluña, Comunidade Valenciana, Aragón e Cantabria.

O Club Milenio Ourense, primeiro club galego en organizar probas do Circuito de Inverno da Federación Española de Voleibol, será o anfitrión desta competición na que a xogadora do Sousas Oira Praia Nuria Bouza, que fixo parella coa Catalá Irene Agulló, conseguiu a primeira vitoria da temporada ao vencer na proba organizada na illa de Gran Canaria.

A primeira das probas que se disputarán en Oira será o sábado 28 de decembro tanto para categoría masculina como para feminina, sendo todas elas puntuables para a clasificación nacional.

Datas e características das competicións celebradas en Ourense.

Para consultar todas as probas do calendario pódese facer na seguinte ligazón.