Menu Close

Primeira reunión do Volei Galego de cara ao peche da 19-20 e comezo da nova temporada

Despois da toma de contacto durante estes meses a través de videoconferencias con múltiples organismos oficiais, a FGVB realizou un estudo das mellores vías de actuación trala suspensión por tempo indefinido de actividades e competicións co decreto do Estado de Alarma.

En consecuencia, hoxe sábado día 6 de xuño a FGVB mantivo unha reunión cos seus clubes co fin de expoñer posibles solucións e acercar posturas para preparar a Asamblea Xeral, que decidirá o remate das competicións da temporada 2019-2020 e consolide o modelo de cara a nova temporada, que terá que adaptar a súa normativa en función das decisións tomadas.

Nesta reunión baralláronse as diferentes propostas tanto para finalizar a temporada como para levar a cabo os playoffs de ascenso que compoñan a próxima, sendo un primeiro acercamento para establecer o futuro do Volei Galego, que quere aproveitar a crise do COVID-19 para mellorar o noso deporte en Galicia.

Outro dos temas da xuntanza telemática foi a información sobre a participación da Federación Galega de Voleibol co resto de federacións deportivas no deseño da ferramenta da Secretaría Xeral do Deporte, que está a elaborar un protocolo sanitario que detecte situacións de risco e propoña medidas para garantir unha práctica deportiva segura en relación ao COVID-19. Da mesma forma mencionouse tamén a posible aposta pola formación online de adestradores, unha iniciativa que se consolidou durante o confinamento e que se estudará para levar a cabo de agora en diante a través da Escola Galega de Adestradores.

Contando ca incerteza que xenera a evolución da pandemia e entendendo que cada organización deportiva ten a casuística particular, o Presidente Jose Ángel Luna chamou á responsabilidade e a xenerosidade dos clubes para intentar tomar a mellor decisión para todos, emplazando aos asistentes a dar as súas opinións e aportacións nos modelos que a FGVb enviará por correo electrónico ás organizacións a principios da semana que ven e facendo un chamamento para novas reunións que establezcan as decisións definitivas.

A FGVb quere tomar unha decisión que salvagarde a saúde e seguridade de deportistas, técnicos e aficionados, sempre baseandose nas directrices do CSD, RFEVB e Secretaría Xeral para o Deporte, polo que lle agradece a todos eles a súa colaboración e paciencia.