Menu Close

Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para adestramentos en pista da FGVb

A FGVb, co fin de minimizar os riscos de contaxio na volta á práctica deportiva, fai publico o seu Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO dirixido exclusivamente aos adestramentos en pista.

Esta ferramenta, impulsada pola Fundación Deporte Galego e a Xunta de Galicia, foi creada en colaboración cas 58 Federacións deportivas galegas, que se reuniron telemáticamente en 10 grupos de traballo para protexer a deportistas e técnicos durante todo o proceso das sesións de adestramento.

A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a todos os integrantes dos grupos de traballo que colaboraron na elaboración dos novos protocolos, facilitando a súa redacción e expoñendo as súas propostas para unha maior seguridade do Volei Galego.

Para consultar e/ou descargar o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para adestramentos en pista da FGVb faga click no seguinte enlace.